O OUTLET

Fundación Santiago Centro, Área Comercial, organiza por segundo ano consecutivo o Outlet Santiago Centro, unha actividade comercial e solidaria que se celebra na Cidade da Cultura de Galicia entre os días 17 e 19 de novembro. Comerciantes do Ensanche compostelán, e de toda a cidade, ofrecerán ao público as mellores ofertas en produtos variados. O éxito de público da primeira edición fixo que en 2017 Santiago Centro programe a ampliación do espazo de exposición, para dar cabida a máis comercios e produtos.

Neste Segundo Outlet Santiago Centro estarán presentes propostas de sectores como a moda de cabaleiro, señora, xuvenil e infantil; calzado; decoración e fogar; regalo e complementos; cosmética e perfumes; ou xoiaría e reloxos. Santiago Centro porá a disposición dos visitantres un autobús lanzadeira gratuíto, que permanecerá activo durante o horario de apertura ao público enlazando a rúa da Rosa coa Cidade da Cultura de Galicia.

ACTIVIDADES E ACCIÓNS SOLIDARIAS

Ademais da exposición comercial, no Outlet levaranse a cabo un programa de actividaes paralelas dirixido ao público familiar, que inclúe obradoiros para os máis pequenos ou representacións teatrais. Ademais, a cita ten un marcado carácter solitario, con accións como a segunda edición da campaña Un billón de estrelas. Nela, pequenos e grandes poderán participar nun obradoiro de elaboración de estrelas, que despois se colgarán nun “firmamento solidario” cun custe simbólico de 1€, destinado a financiar proxectos de Down Compostela, Asanog e a delegación galega da asociación Alfa1.